05 diciembre 2013

Master Class en Coruña

El próximo día 14 de Diciembre daré una clase magistral de ilustración, en el aula de Demo Editorial (A Coruña).

Más información en su página donde, además, me han entrevistado.



jueves, 5 de diciembre de 2013

DEMOSTRACIÓNS GRÁFICAS: ENTREVISTA A JAVIER FERNÁNDEZ CARRERA "PINTUREIRO"


Publicamos esta breve entrevista ao autor que terá o pracer de inaugurar o noso ciclo de Masterclass que lanzamos baixo o título de "DEMOSTRACIÓNS GRÁFICAS" o vindeiro 14 de decembro,
dentro das actividades que Demo programará na súa nova tenda efémera.
Aínda temos aberto o prazo de inscripción para asistir a unha clase de xornada completa (xantar incluído) onde con Pintureiro, profundizaremos no mundo da ilustración dixital avanzada.
Podedes infoirmarvos en: demo.editorial@gmail.com

O autor madrileño e afincado en A Coruña, viu publicado o seu álbum de pin-ups, "Rapazas" demostrando ser un dos grandes especialistas españoles neste campo profesional. Ademáis ten traballado para as mellores empresas de publicidade e editoras estatais; realizando story-boards, cartelísmo ou libros de texto entre outros.


—En que ano comezaches a exercer profesionalmente, e como cambiou para ti o teu sistema de traballo técnico desde entón?
—En 2001, hai doce anos. Desde entón, os avances tecnolóxicos téñenme facilitado moito o traballo. Cambiei o taboleiro de debuxo pola Cintiq, e, grazas a internet, acabouse buscar a documentación en revistas e enciclopedias, ou enviar cedés co traballo escaneado por mensaxería.

—No que respecta ás condicións laborais, cal é o mellor mercado ou especialidade da ilustración no que tes traballado?
—O mercado máis rendible, para min, é o da publicidade (aínda que tamén é o máis esixente). Por outro lado, hai editoriais que compensan os pagamentos menos cuantiosos cunha maior flexibilidade no referido ás datas de entrega.

—Que é o que máis che molesta profesionalmente que che diga un cliente?
—Que se vai atrasar no pagamento.

—Que esperas das novas xeracións de autores, e cal é a primeira mensaxe que lle transmitirías a un autor que está comezando?
—As novas xeracións de autores están moi ben preparadas no aspecto técnico. Espero delas que saiban valorarse a si mesmas á hora de negociar coas empresas de publicidade, editoriais, etc. Dáse a circunstancia de que, ao comezar a súa carreira, hai quen pensa que non debería cobrar tanto como un ilustrador máis veterano, cando o traballo que vai realizar é o mesmo. Pódese facer mellor ou peor, máis rápido ou máis lento, pero non máis barato. Gratis (ou a cambio de promoción), nunca. O meu consello sería que buscasen darse visibilidade tamén no estranxeiro. No noso caso, pódese emigrar «on-line», sen saír da casa.

—Cal é o traballo que che encantaría facer e aínda non fixeches? (tanto se é de encargo coma un proxecto propio).
—Deseñar unha pin-up para a súa modelaxe, sexa en 3D ou como figuriña esculpida.



—Como está afectando a crise ao sector gráfico, e que medidas cres que se deberían tomar desde o colectivo profesional?
—Reducíronse tanto a cantidade de traballo como as tarifas, que xa levaban anos estancadas. Aínda que as distintas asociacións profesionais se fan eco da problemática do noso sector (http://observatoriodelailustracion.org/about/), evitar que a precariedade se perpetúe é unha tarefa individual; debemos ter presentes os prezos pre-crise, para cando esta pase.

—Existe a intrusión laboral ou crees que calquera é libre de facer o que poida para gañar a vida nos tempos que corren?

—Ambas as dúas cousas. En todos os traballos existe a figura do «familiar/amigo/veciño que cho fai máis barato», e, desde logo, teñen dereito a gañar a vida como boamente poidan. Non gusto do termo intruso, aplicado a unha actividade artística.

—Cales son as túas novas metas como autor?
—Agora estou enfocándome máis cara á ilustración de fantasía e ciencia ficción.

—Algunha ferramenta técnica que non exista pero ti xa teñas en mente?

—Non sabería dicirche… Un afialapis láser?