12 septiembre 2010

a TVG no estudio BAOBAB

O programa ZIGZAG diario, acudiu ao estudio BAOBAB para grabar unha breve entrevista que ven a completar as realizadas previamente a Tirso Cons, Fran Bueno, Carlos Portela... para unha reportaxe especial adicada ao mundo da Banda deseñada galega.
O progama ZIG ZAG, presentado por María Solar (tamén escritora de LIX) achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural do pais.

A televisión de Galicia e tamén outros medios da prensa xa pasaran noutras ocasións anteriores polo BAOBAB para grabar reportaxes sobre o propio estudio e para realizar entrevistas exclusivas aos membros do estudio.

No hay comentarios: